O deporte toma a rúa

Fene celebra o XXVII Dia do Deporte na rúa este domingo 7 de xullo
02 de Xullo, 2019 - 11:50 h. | Publicada por Radio Fene

A cita co deporte na rúa en Fene ten xa 27 anos de vida. É un dos dias preferidos dos rapaces e rapazas feneses porque estrean vacacións e os apuros do fin do curso xa van fora. Disfrútase e moito en familia.

Quedan cinco dias para a celebración do Dia do Deporte na Rúa, o domingo 7 de xullo en Fene. Máis dunha ducia de modalidades deportivas repartiranse ao longo da Avenida de Tarrío, rúa San Salvador e contorna do Círculo de Perlío, cos seus respectivos monitores e monitoras. O horario será de 10,30 a 14 horas.

As actividades programadas son: equilibrismo (zancos, cable, monociclos, rulos, pedaletas), malabarismo (pelotas, platos, panos, cariocas, diábolos), obradoiro de chapas personalizadas conmemorativas, xogos infantís, baloncesto, baloncesto en cadeira de rodas, xogos tradicionais, obradoiros de enredo, slakline, fútbol, esgrima de foam por equipos, deportes de raqueta (bádminton, indiaka, shutleball…), carreiras, saltos, lanzamentos, tiro con arco, voleibol xigante, e decora a túa camiseta. (Imaxe de arquivo).

Como todos os anos, participar ao menos en tres deportes da dereito a recibir unha camisola conmemorativa da 27 edición do Dia do Deporte na rúa. Organiza o concello de Fene e colaboran o CCRD de Perlío, o colexio Jorge Juan e a asociación Amigos da chave de Ferrolterra.

Deportes

Publica o teu comentario agora