O derbi das mulleres

O derbi das mulleres
10 de Marzo, 2020 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío disputará o derbi do domingo con mentalidade competitiva e co seu lema "pódese" metido na médula. Nunca tan cerca estiveron de verlle os ollos á liga de futbol 7.

ESCOITA O PODCAST:

O próximo domingo 15 de marzo chega o DERBI DAS MULLERES, un encontro crucial para o futbol feminino de Fene. No campo do Pote ás 12,30h veranse as caras o Maniños e o Perlío. O segundo e terceiro equipos clasificados da liga de futbol 7. Despois do empate entre o Caranza e o Maniños na última xornada, o Perlío púxose a dous puntos da cabeza porque gañou ao Eume deportivo no último compromiso.

Uxía marcou o primeiro gol e Ana o segundo e terceiro nun encontro que o técnico Juanjo Lorenzo, recoñece que o seu equipo foi superior. No descanso xa chegaron tranquilas co 2-0 e na segunda parte ampliaron a vantaxe co gol de Ana a pase de Judith, un pase tremendo, segundo o técnico Juanjo Lorenzo. Este agarda con moita ánsia o derbi do domingo porque é crucial. Coñecen ao Maniños, coñecen o campo do Pote e coñecen o poderío das rivais. Como di sempre Lorenzo, só teñen que crer nelas mesmas e nas súas capacidades.

Deportes

Publica o teu comentario agora