O despece pode ser a única saída para o Blue Star

O despece pode ser a única saída para o Blue Star
25 de Novembro, 2019 - 01:09 h. | Publicada por Radio Fene

O despece pode ser a única saída para o Blue Star, o quimiqueiro embarrancado na costa de Ares. Mariñeiros da zona indican que será moi difícil recuperar o barco pola escasa oscilación intermareal nesta época nas inmediacións da zona das Mirandas. Entre a marea alta e a baixamar apenas hai dous metros e con esas cifras vai ser practicamente imposible remolcar o quimiqueiro e separalo da costa. A Delegación do Goberno agarda que a empresa armadora presente un documento cos danos do buque o o plan de actuación.

ESCOITA O PODCAST:
O Blue Star embarrancou na costa de Ares o venres 22 de novembro de 2019

O informe debe incluír as operacións necesarias para a  extracción do combustible e posteriormente o rescate ou despece do barco. A empresa armadora entregará esta tarde o plan, e entre tanto os equipos de rescate e salvamento de Coruña, Ferrol e da base de Vilar do Colo permanecen en alerta, segundo o delegado do Goberno en Galicia Javier Losada.
O representante gobernamental non se quixo pronunciar acerca do malestar existente entre os alcaldes da zona pola continua utilización da ría de Ares como fondeadoiro de buques en dias de temporal. Agora o prioritario é o desembarrancamento do barco e hai que actuar con rigor, afirmou Losada.
O rescate do Blue Star céntrase nas operacións necesarias para o valeirado dos seus tanques de combustible. O armador encargou á empresa que participou no salvamento do “Prestige” a recuperación do buque. A compañía deberá presentar un plan para recuperar as cen toneladas de carburante e reflotar o navío de doble casco sinistrado nas Mirandas. Son 45 toneladas de fuel e sesenta de gasoil. O Blue Star atopábase fondeado na ría de Ares. A causa do mal tempo arredor das once da noite do venres quedou sen control e foi embarrancar na costa, nas proximidades das illas das Mirandas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora