O deterioro da sanidade

O deterioro da sanidade
11 de Decembro, 2018 - 11:21 h. | Publicada por Radio Redondela

"O deterioro da sanidade é insostible" afirman os xefes de servizo dos centros de saúde da area sanitaria de Vigo. Laianse da sobrecarga de traballo, o escaso tempo para atención dos pacientes, a falla de cobertura das baixas e a ausencia de contratos para doutores xoves. Denuncian as constantes barreiras de acceso ao hospital, as listas de espera para probas e consultas e as modalidades de derivación como a teleconsulta.

Protestas na sanidade

Acusan á Xunta de Galicia da ausencia de cambios e melloras a pesar das múltiples reunións mantidas con directivos e co conselleiro de Sanidade Vázquez Almuiña. Á medida sumáronse os 22 médicos que son xefes de servizo e unidade en atención primaria. Recibiron o apoio do Consello Galego de Colexios Médicos e dos sindicatos CEMS, Omega e CIG.

Sociedade

Publica o teu comentario agora