O dia 5 encéndense as luces de Nadal

A instalación dunha tirolina en Fonte do Campo é unha das atractivas actuacións
30 de Novembro, 2018 - 11:06 h. | Publicada por Radio Fene

Fene instala o alumeado público especial de Nadal. Arcadas e adornos lumínicos encenderánse o próximo dia 5 de decembro, ao tempo que se prepara unha nova campaña de promoción do comercio local para estas datas.

ESCOITA O PODCAST:

Achegase o Nadal. Fene está colocando a iluminación nas rúas e os comerciantes prepáranse para unha nova campaña. Vales de compra, decoración navideña e promocións especiais. Diso falamos esta mañá no espazo As Foxas co concelleiro de Somos Fene, César Castro. De promoción económica, pero tamén das obras novas que se executarán daquí a sete meses e cuxo investimento foi aprobado polo pleno extraordinario celebrado onte. Abordamos con el a área de Medioambiente, porque hai novas zonas recreativas gañadas para a cidadanía, como o entorno do rio Cádavo, a Fraga de Perlío ou a Fonte do Campo onde se instalará, por exemplo, unha tirolina. E da campaña contra a proliferación de colonias felinas. De todo isto falamos en As Foxas con Cesar Castro, como responsable destas áreas no goberno local fenés.

Institucional

Publica o teu comentario agora