O dia 7 levantaremos a man

As concelleiras socialistas de Fene apoiarán a moción de censura
04 de Febreiro, 2020 - 05:04 h. | Publicada por Radio Fene

As tres concelleiras do PSOE de Fene manifestaron a súa intención de apoiar o próximo venres ao candidato á alcaldía do BNG, desoíndo as peticións formuladas pola asemblea local do PSOE de Fene. 

ESCOITA O PODCAST:

Intervención de Mar Piñeiro na roda de prensa celebrada ás 14,30h no salón de plenos da Casa do Concello de Fene.

http://173.255.131.18/audio/040220PINEIRO.mp3

"Os pasos que damos son o que aprobou o PSdG" Con este argumento empezou a portavoz do grupo socialista de Fene a súa comparecencia diante da prensa a primeira hora da tarde de hoxe no salón de plenos da Casa do Concello de Fene, Mar Piñeiro. As tres concelleiras manifestaron a súa intención de apoiar o venres ao candidato á alcaldía do BNG, desoíndo as peticións formuladas pola asemblea local do PSOE de Fene. "O dia 7, afirmou, levantaremos a man"

Acompañada da edil Ana Basoa e coa ausencia de Marta Pereiro, por causas laborais, explicou as razóns que as levaron a acordar co BNG e EU a presentación da moción de censura ao goberno do PP. Piñeiro deu lectura a un comunicado que quixo dirixir á veciñanza de Fene e á militancia da agrupación socialista para "achegarse á militancia que non pode estar en contra dun goberno de progreso". "O PSOE de Fene demostra unha incapacidade política que mete medo" sentenciou.

Mar Piñeiro proseguiu explicando os pasos dados nos últimos dias, empezando pola  asemblea "fallida" do 30 de xaneiro á que non asistiron, afirmou, por incompatibilidade cos seus horarios laborais. Recoñeceu que por correo certificado se lles comunicou o resultado desa asemblea na que se lles conminaba a renunciar á presentación da moción asinada co BNG e EU ou, en caso contrario, a presentar a súa dimisión. Piñeiro explicou que as tres edís enviaron unha carta dirixida ao secretario xeral do partido con data do 16 de xaneiro na que lle adiantaban a súa intención de achegar á militancia socialista, a través dunha asemblea extraordinaria, a explicación da actual situación municipal antes da reunión que pensaban manter co BNG o 21 de xaneiro. Afirma Mar Piñeiro que nunca houbo contestación. Recoñece que si as convocaron tras a presentación da moción de censura no rexistro municipal pero de novo razóns laborais impedíronlles acudir.

"A dirección do PSdG falou para decir que somos culpableis de ser coherentes" sentencia a portavoz socialista quen pediu perdón ao BNG polo ocurrido no pasado mes de xuño, cando lle deron a alcaldía ao PP. Lembrou Mar Piñeiro que o PSdG chamou a atención á agrupación socialista de Fene por saltarse os acordos acadados cos nacionalistas a nivel nacional, en aras de favorecer os gobernos locais de esquerda. E citou o artigo dos estatutos do PSdG nos que di que o grupo municipal ten capacidade de actuación seguindo sempre as directrices emanadas da dirección nacional. "Somos consecuentes con nos mesmas e co partido, frente aos militantes sepultados no pasado" sentencióu Piñeiro, para reiterar que o próximo venres dia 7 de febreiro "levantaremos a man, porque os pasos que dimos están en orde ao PSdG".

Mar Piñeiro e Ana Basoa estiveron respaldadas na comparecencia diante da prensa do grupo municipal do BNG ao completo e tamén pola edil de EU quen ao final aplaudiron a súa intervención.

Institucional

Publica o teu comentario agora