O Dia internacional da francofonía, tamén en Fene

O Dia internacional da francofonía, tamén en Fene

12 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Torre Eiffel volve á palestra da man da Asociación francófona de Galicia que organiza en Fene un acto para conmemorar o Dia Internacional da Francofonía. Unha boa oportunidade para escoitar ao grupo musical "Los 3 de Cora", convidados á festa. O Dia internacional da Francofonía é propiamente o dia 20 de marzo pero durante todo o mes celebranse actos en Francia e no mundo enteiro.

Convídannos a asistir na Casa da Cultura de Fene o sabado 27 de marzo a uns actos que comezarán ás 4,30 da tarde coa proxección dun documental sobre A Torre Eiffel, en francés. Seguiranlle diferentes actuacións infantís e un cocktail ofrecido pola Asociación francófona que ten a sua sede comarcal na antiga escola unitaria de Maniños, na estrada da Armada.

A conmemoración rematará coa actuación de “Los 3 de Cora” que ofrecerán cancións do seu espectáculo “De Belleville a Pigalle” - tamén en francés-

Sociedade