O dique flotante entre as enmendas do BNG aos Orzamentos da Xunta

O dique flotante entre as enmendas do BNG aos Orzamentos da Xunta

30 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG presentou en Ferrol esta mañán as 45 enmendas que vai presentar aos Orzamentos da Xunta do 2012 no que respecta á comarca. A creación de emprego, o mantenemento dos SS SS e as infraestructuras son os eixos nos que se moven as propostas dos nacionalistas para Ferrolterra, que suman un investimento total de 42 millóns de euros.  O parlamentario Ffernando Branco Parga presentounas con Mercedes Tobío esta mediodía. O sector naval encabeza a lista

O sector marisqueiro ocupa tamén parte das enmendas do BNG aos orzamentos autonómicos cun Plan especial para a ría cifrado en 2 millons ou a creación da granza de molusco.

O deterioro dos SSSS move ao Bloque a propor un investimento de 2 millons de € no Arquitecto marcide; a construcción de centros de saúde en Ares e Narón; centros de día en fene, Canido e Narón ou a creación de escolas infantís en esteiro, Narón e San Sadurniño.

Tamén a ampliación de infraestructuras está no punto de mira das enmendas do Bloque. Entre elas a via de alta capacidade Ferrol- San Cibrao, cifrada en 3 millóns de euros ou a elaboración do Estudo para a implantación dun tren de proximidade na comarca de Ferrol. No conxunto da comarca as 45 enmendas do Bloque aos Orzamentos da Xunta alcalzan os 42 millóns de euros.

Sociedade