O encanto de Vilar de Donas

O encanto de Vilar de Donas

02 de Maio, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Álvaro Cunqueiro cantou ás donas do Vilar en Vilar de Donas e quizais iso contribuia a darlle a actual igrexa un maior encanto. Pero a historia do cenobio é anterior ao actual templo.O de Palas de Rei é un dos mosteiros esquencidos de Galicia.

Arias Pérez de Monterroso e a súa muller fundaron un mosteiro feminino a mediados do século doce, mentres que a igrexa actual comezaría a construirse cara 1230. As pinturas do presbiterio, realizadas en 1434 para conmemorar o Ano Santo Compostelano, teñen moita importancia. Petrus Nunii de Turis (ou Muni de Buris) foi o pintor que realizou esta obra xenial que traslada unha fermosa mensaxe. O baldaquino exento, o traballado retablo barroco, as arquivoltas da portada e as magníficas sepulturas de cabaleiros da orde de Santiago son outras singularidades desta igrexa separada só un quilómetro e medio do Camiño de Compostela.

Sociedade