O engano das preferentes

O engano das preferentes

15 de Decembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

"As preferentes foron un produto mal comercializado" afirmaron este mediodia en Lugo os voceiros das plataformas de afectados polas participacións preferentes. "Non pararemos ata que cobremos" afirmou o portavoz da plataforma de Lugo Javier Novo.  A Unión Europea considera a estes aforradores, "inversores" e por iso, en poucas semanas, saberán cantos cartos perden e se poden canxear os seus aforros por accións do banco ou por bonos.

Unhas 3.000 persoas procedentes de toda Galicia manifestáronse este sábado polo centro de Lugo para esixir a devolución íntegra do investido polos aforradores.

 

    Ao final da marcha, con saída e peche ante o edificio multiusos da Xunta de Galicia na Rolda da Muralla, procedeuse á lectura dun manifesto no que afirmaron que reclamarán a devolución do cento por cento dos aforros por parte do Estado ás persoas que foron enganadas nesta "estafa".

   "Non estamos dispostos a aceptar ningunha quita, porque, como eles mesmos recoñeceron, as preferentes foron un produto mal comercializado", sostivo o portavoz da plataforma de afectados en Lugo, Javier Díaz.

   Os afectados, procedentes de Vigo, Ferrol, A Coruña, Ourense, Sanxenxo e outros puntos da xeografía galega, advertiron de que non pararán até cobrar as cantidades íntegras.

   Á protesta asistiron membros de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) e o BNG, entre outros, por considerar que os aforradores que investiron en preferentes foron vítimas dun engano.

Sociedade