O ensino público de Fene sairá á rua o luns

O ensino público de Fene sairá á rua o luns

16 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha manifestación percorrerá a Avda Naturais de Fene o vindeiro luns. Ás 6 da tarde convocan os centros dos Casais de Maniños e do Ramo de Barallobre a todo o ensino público de Fene. Contra a supresión de prazas de profesorado e o agrupamento de diferentes cursos na mesma aula. As ANPAS destes dous centros convocaron a asamblea celebrada na casa da Cultura onte á tarde e na que se demandou á Xunta a supresión dos concertos cos centros pri

 As persoas asistentes a esta asamblea aberta tiñan claro que sen a presión na rua non van conseguir nada. Aos representantes políticos presentes, pedíronlles que fagan o seu papel de intermediarios, que presionen onde teñen que facelo.

O concello de Fene celebra mañán ás 9 da mañá un pleno extraordinario para abordar a problemática da FP e probablemente se convoque outro detrás para debater os problemas nos centros de Primaria. A secretaria da CIG- ensino, Mª Antonia Martínez, presente na asamblea, convocou aos centros feneses a sumarse ao movemento comarcal. O sindicato ten convocada unha asamblea aberta o luns ás 7 da tarde no IES Ferrolterra. Martínez pedíu aos sindicatos que asinaron hai dous anos o acordo das ratio de 12 alumnos por aula, que esixan o seu cumprimento.

Os pais e nais do Colexio Os Casais de Maniños concentranse a diario ás 9 da mañán ás portas do centro, para protestar contra a reducción de profesorado.
Os Casais conta cunha plantilla de 13 mestres máis dous ambulantes que comparte co Ramo: un orientador e outro de Audición e Linguaxe. A inspección indicoulle verbalmente ao profesorado que o curso que ven se reducirá o claustro coa supresión de 3 prazas de profesores.

Sociedade