O enterro do antroido en Fene a primeiros do século XX

O enterro do antroido en Fene a primeiros do século XX

23 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As testemuñas máis lonxanas do Entroido de Fene remóntannos aos primeiros anos do século XX coas batallas de olas e pucheiros que se celebraban na volta do Cádavo entre rapaces e rapazas da localidade. Na década dos anos 30 a organización do Carnaval correrá da man de Gerardo Díaz (o barbeiro) Daniel Romero (da Fraga) , Casiano Castro e José Benito Puentes (pai). O mércores de cinza levaban a cabo o enterro do antroido.

Na década dos anos 30 a celebración do Antroido en Fene rexurde da mán de Gerardo Diaz “o barbeiro”, Daniel Romero “o da Fraga”, Casiano Castro e José Benito Puentes (pai). O dia central do antroido era o mércores de cinza cando se facía o enterro do meco. Levábase na caixa ata a ponte de Santa Ana. Alí botábase ao rio despois de prenderlle lume. Unha moitedume retornaba logo a un baile de traca no Salón de Severa. Era de balde e non se collía, segundo relata José Benito Puentes. Uns dias antes do mércores de Cinza, catro homes vestidos de negro con levitas e sombreiros de cartón percorrían os rueiros pedindo cartos e cantando coplas. Anunciaban a morte do “meco” e convocaban á cidadanía para participar no enterro. Disfraces e comparsas de toda a comarca achegábanse para participar no antroido fenés.

Coa dictadura de Franco prohíbense os disfraces, as bulras e os cánticos típicos do Carnaval. A celebración do antroido retomaríase nos anos 50 con bailes que se celebraban no patio de Fernando na estrada da Fraga. Nunha ocasión veu Carlos O Xestal que colleitou un sonado éxito. Xoan o Tadetas vai ser o encargado de recuperar o Entroido de Fene. Salvando multas e chamadas ao cuartel da Garda Civil, recuperará parte desa vella tradición.

Sociedade