O escaparate das curtametraxes e dos realizadores galegos en Ferrol

O escaparate das curtametraxes e dos realizadores galegos en Ferrol

21 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As IX Xornadas de Mostra de Curtametraxes arrincan hoxe e prolongaranse ata este mércores no Ateneo ferrolán. Unha iniciativa que xurde no 2001 onde se amosarán curtas e creacións de cineastas principalmente noveis, facendo especial fincapé nos cineastas galegos e galegas. O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Un ciclo que se  está a converter nun ref

As curtas a exhibir abranguen todo tipo de xénero desde a ficción ata a animación. As proxeccións comezan os tres días a partir das sete da tarde. Hoxe tócalle a quenda ás producións galegas. A de animación “ A nena que tiña unha soa orella” de Álvaro León, “As almas do fenta” do galego David Vázquez, “ Dies dei” do galego Nani Matos e “ La princesa alegría” de Daniel Utrilla e do ferrolán Rubén Coca. 

Tamén se pasarán esta tarde- noite “ O coidador de gatos” de Fernando Cortizo, “ O labirinto ario” de Alfredo Pardo,” “Sobre a morte do Bieito” de Xudit Casas e “Campás” de Jairo Iglesias, todos eles realizadores galegos. 

As xornadas continuarán mañán martes con 8 pases máis e este mércores coa proxección de 10 curtas. Os dous días adicaranse a obras en lingua castelán. 

Cultura