O escritor, Manuel Rivas, será a voz de Rumbo XXI

O escritor, Manuel Rivas, será a voz de Rumbo XXI

26 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Queremos que Zapatero cumpra o seu compromiso de negociar o fin do veto ao estaleiro de Fene". Afirmao así Rumbo 21 á hora de divulgar a convocatoria da marcha que o sábado 27 de marzo sairá ás 12 do mediodia do peirao de Curuxeiras. O escritor, Manuel Rivas, leerá o comunicado final na Praza de Armas.

Afirman os convocantes que cada persoa en paro na comarca, é unha razón para non quedarnos de brazos cruzados diante deste problema social e humano. Segundo Ramón Yañez, de Rumbo XXI a convocatoria da manifestación pretende o levantamento do veto, porque Navantia Fene e Ferrol non poden continuar en perdas e teñen que ser sostibles.

Outro membro de Rumbo XXI de Fene, Edgar Vigo, chama a participar á cidadanía "porque nos xogamos o futuro de todos-as". Manifestou Edgar Vigo non entender nada de porqué os sindicatos estatais e o Plan Ferrol non a apoian. Afirmou que a disculpa da "posible privatización do estaleiro" dos que non apoian, xa non cola.

A manifestación sairá ás 12 do peirao de Curuxeiras e rematará na Praza de Armas coa intervención do escritor Manuel Rivas. Unha caravana automovilista anunciadora da movilización, sairá ás seis e media da tarde do venres do aparcamento de San Valentín, en Fene.

Sociedade