O espectáculo performativo "Lacalle" espertará os sorrisos aos ferroláns

O espectáculo performativo "Lacalle" espertará os sorrisos aos ferroláns

10 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un dos espectáculos máis rompedores das vangardas teatrais chega este luns ás rúas de Ferrol. Trátase do proxecto performativo denominado “Lacalle”. Unha acción fílmica e poético-musical que se espallará pola urbe naval ao longo de seis xornadas.

Os ferroláns e as ferrolás  poderán participar dende esta xornada a ata este sábado 15 de agosto nunha actividade de carácter itinerante que non deixará indiferente para quen teña a oportunidade de contemplala.
 
“Lacalle” é unha mistura de poesía, son e film que corre a cargo da polifacética actriz e cantante Maite Dono e de Héctor Cruhet e Tomoto. Ao longo dunha hora, estes tres artistas percorrerán diferentes espazos da cidade co obxecto de compoñer unha peza na que se recicla a comunicación textual existente na cidade para integrala no corazón dun texto crítico. O resultado é unha peza única en función das características de cada lugar. O material que resulte desta acción experimental se editará e se subirá a Internet como unha peza poético fílmica de rexistro en forma de copos seriados.

Sociedade