O espectáculo Rosalía 21 conmemora este xoves o 172 aniversario da poetisa galega

O espectáculo Rosalía 21 conmemora este xoves o 172 aniversario da poetisa galega

23 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O espectáculo multiartístico 'Rosalía 21"' conmemorará este xoves, no Teatro Principal de Santiago - -21.00 horas--, a celebración do 172 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, mediante un recital da súa obra poética máis destacada sobre unha base musical exclusiva e composta en clave de jazz. Anxo Angueira recitará poemas e tamén interpretarán á autora de Follas Novas, o cuarteto Ave Rá

 En rolda de prensa, o director xeral de Difusión Cultural, Luís Bará, e a presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar, presentaron hoxe esta iniciativa que se enmarca no programa de actos de conmemoración do Día de Rosalía e se celebrará ao longo desta semana. Precisamente, Bará explicou que se trata dunha "lectura nova e actualizada da figura de Rosalía de Castro a través das composicións do cuarteto de jazz Abe Rábade e que se presentou na Feira do Libro na Habana hai un ano. Neste sentido, destacou o papel do escritor Anxo Angueira como "alma mater" do proxecto e a súa participación no espectáculo, no que recitará versos de pezas da autora galega como 'A xustiza pola man', 'Negra sombra ou 'Alborada' e que, nalgúns casos, interpretarán as voces de artistas como Uxía Senlle ou Guadi Galego. Asimesmo, o concerto completarase cunha proxección audiovisual na que colaboran autores como Victoria Álvarez Ruiz, Xosé Luís Méndez Ferrín, María do Cebreiro ou o propio Anxo Angueira, que comentarán diferentes aspectos da traxectoria da artista filmadas en paisaxes simbólicas da súa obra --A Coruña, Lugo, Padrón, Santiago, Vigo, Laíño--. Neste sentido, Bará sinalou que os obxectivos principais desta iniciativa incidirán na "divulgación da figura e obra de Rosalía como creadora, pensadora e pensadora" da literatura galega; e a "idea de converterse en fonte permanente da inspiración e creatividade dos artistas" da Comunidade Autónoma.

Sociedade