O Estadio pastoricense de O Acebreiro acollerá o sábado a Supercopa Deputación de fútbol

O Estadio pastoricense de O Acebreiro acollerá o sábado a Supercopa Deputación de fútbol

28 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Calasancio, o Chantada e o CD Lugo desputaranse a  III edición da Supercopa Deputación de Lugo este domingo, 1 de agosto, no Campo de Fútbol Municipal de Acebreiro, no concello chairego de A Pastoriza. O trofeo provincial dirmirase por medio do formato de 3 en 1, no que os enfrontamentos entre os campións da Copa de 2ª e 3ª autonómica (o Calasancio), o de 1ª e Preferente (Chantada) e a formación blanquivermella, serán de 45 minutos.

Os encargados de presentar este torneo foron o delegado de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga; a tenente de alcalde da Pastoriza, Elva Carreira, o presidente do CD Lugo, José Bouso Alvite e mailos directivos do Chantada e Calasancio.
O propio Veiga explicou os motivos que levaron a organizar este evento, que non eran outros que os de “facer un gran día de festa do fútbol lucense”. O delegado de Deportes continuou afirmando que “para iso contamos co máis laureado dos clubs lucenses da actualidade, o CD Lugo, xunto aos vencedores da Copa Deputación de Fútbol nas súas respectivas categorías, que vén ser un pouco os mellores equipos da provincia xa que este ano participaron a práctica totalidade dos equipos lucenses”.

Estadio renovado

Veiga tamén aproveitou para expor que o estadio onde se disputará esta III Supercopa, o campo do Acibreiro, na Pastoriza, foi reformado coa cantidade de 131.000 euros aportados pola Área de Deportes da Deputación, acometéndose o levantamento do antigo terreo de xogo, instalando un sistema de drenaxe eficaz que permite evacuar a auga sobrante da superficie, colocando un sistema de regadío automático que se activa con programador e replantando de novo con céspede a superficie. Actualmente, logo dunha tempada, o céspede atópase totalmente enraizado e en perfectas condicións para a práctica do fútbol, o que converte ao campo de fútbol do Acebreiro nunha instalación deportiva punteira na comarca da Terra Chá.

Deportes