O fútbol é equilibrio

O fútbol é equilibrio
13 de Marzo, 2023 - 10:04 h. | Publicada por Radio Fene

."O fútbol é equilibrio entre as tarefas ofensivas e as defensivas, e non o conseguimos" confesa o adestrador do Maniños Pablo Mesa. De todos os xeitos o técnico tamén saca un aspecto positivo do encontro: "Puxéronse 0-2 e os meus xogadores non baixaron os brazos nin se renderon e chegamos ao empate 2-2" indica o técnico. .

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

.Maniños 4 - 5 Carral. Partido da Primeira Galicia de fútbol. Polo Maniños lograron os goles Iván Amigo (2) e Pedro España (2).  

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora