O fútbol defínese nas áreas

O fútbol defínese nas áreas
04 de Febreiro, 2019 - 11:40 h. | Publicada por Radio Fene

 

“O fútbol defínese nas dúas áreas e non estamos acertando” afirma o adestrador do Maniños B Manuel Freire. O técnico está satisfeito dos adestramentos: “Estamos realizando boas sesións de preparación, ainda que as lesións nos están mermando moito” conclue. Para o desprazamento a Vilarmaior, tiveron que acudir 7 xuvenís, e 4 deles xogaran o sábado un partido completo contra o Eume. “Iso nótase e nos últimos minutos do partido notamos un baixón físico” indica Freire.

ESCOITA O PODCAST:
Cultural Maniños B. Segunda Galicia de fútbol

Na Segunda Galicia de fútbol, Vilarmaior 4 – 1 Maniños B.  O gol do equipo do Pote marcouno Birama.

Deportes

Publica o teu comentario agora