O fútbol lugués disputarase a supremacía provincial na XXVII Copa Deputación

O fútbol lugués disputarase a supremacía provincial na XXVII Copa Deputación

26 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O fútbol da provincia de Lugo vivirá unha das súas principais competicións, a Copa Deputación, durante o mes de maio, logo de que a súa XXVII edición fose presentada o pasado sábado polo delegado a Área de Deporte do organismo provincial, o nacionalista Antonio Veiga. No acto tamén estiveron presentes representantes da Federación Galega de Fútbol como organizadora da competición e reprensentantes de máis de 60

Na súa intervención, Antonio Veiga, resaltou a “colaboración e a predisposición” de todos e cada un dos clubs que participaron da última edición da Copa Deputación, e agardou a que este ano se supere incluso o número de participantes doutras tempadas e os afeccionados lucenses poidan desfrutar dun torneo realmente competitivo. Ademais, desde o 2008 ten lugar a Supercopa, disputada entre o equipo campión das categorías 1 ª Autonómica e Preferente Autonómica, 2ª e 3ª Autonómica, e a Sociedade Deportiva de Lugo nun triangular que resulta moi vistoso.

Antonio Veiga anunciou que, logo de instaurar o ano pasado a primeira Copa Deputación de Fútbol Feminino, este volverá haber tamén este partido para dirimir o campión da Copa Deputación na categoría feminina. Esta iniciativa pretende potenciar o deporte de féminas, especialmente o fútbol, en todas as comarcas lucenses. Como o número de clubs federados de fútbol feminino en Lugo é moi pequeno, disputarase a partido único entre o Club Friol e o a Milagrosa, segundo informou o delegado de Deportes da Deputación de Lugo.

Para a posta en marcha desta última edición da Copa Deputación, a Área de Deportes da Deputación conta cun orzamento de case 90.000 euros. Nesta liña, Antonio Veiga notificoulles aos clubs deportivos participantes no trofeo que o campión e subcampión da categoría 1ª Autonómica e Preferente Autonómica, será premiado con 5.000 e 4.000 euros respectivamente. Ademais, cada equipo recibirá 450 euros por partido xogado. En 2º e 3º Autonómica, os premios alcanzarán os 4.000 e os 3.000 euros, e os clubs percibirán 385 euros por partido disputado.

As bases que rexerán esta edición da Copa Deputación de Fútbol, no tocante ao seu orzamento, premios e sistema de competición, foron aprobadas onte na Xunta de Goberno da Deputación, e estas bases poderán ser descargadas para a súa consulta da páxina web da Área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo (www.v1deputacionlugo.org) así coma o formulario de inscrición na competición que deberán cubrir os clubs para participar.

Pola parte da chaira xa confirmaron a súa presenza, na categoría de Preferente e Primeira autonómica, o CD Santaballés, o CD Castro, a SD Outeiro e a SD Guitiriz; e en segunda e terceira autonómica, o Pastoricense, Goiriz, Abadín, Rioaveso, Roupar, Codesido, Momán, Xermade, Cazás, Cospeito e Parga.

Deportes