O faro de Fisterra acolleu aos voluntarios do Prestige

O faro de Fisterra acolleu aos voluntarios do Prestige

18 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Faro de Fisterra vestiuse de gala na pasada noite para recibir unha representación dos milleiros de voluntarios e voluntarias que, hai xa dez anos, achegáronse á costa da morte para limpar coas súas mans as toneladas de fuel derivadas do naufraxio do Prestige. Aa cores rosa, azul ou verde, deron espectacularidade ao escenario.

Máis de dez mil watios de luz e cor iluminaron a que os romanos chamaron “a fin da terra” mentres voluntarios, xornalistas e autoridades locais a observaban desde unha embarcación despois da caída do sol.

O espectáculo, organizado pola Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), non deixou indiferente a ninguén, e atraeu a visita nocturna ao faro de moitas persoas do lugar e dos arredores. DalleQlibras (DQL) foi a encargada da produción artística e técnica deste evento, que se enmarca dentro da campaña turística Galicia en Cor.

Sociedade