O Felipop do 2010 castigado sen merenda

O Felipop do 2010 castigado sen merenda

26 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Felipop de Limodre ten que recortar presuposto porque as administracións reduciron as subvencións ou porque non lles dan un patacón, como é o caso da Xunta de Galicia. Os organizadores deste festival do Pop que se celebra en Limodre no mes de agosto, fixeron contas e nesta edición teñen que reducir nuns 15.000 € o presuposto.

Hai que aforrar primeiro no equipo de son, na carpa e na seguridade. Despois o programa resentirase e terá que botar man de grupos da península. O alma mater do Felipop, Luís Iñíguez, queixábase esta mañán, na nosa emisora, da clase política, sen excepcións, e describe a situación desta maneira:

.Aínda non cobraron a débeda que o concello de Fene ten contraída co festival ainda que agardan cobrala pronto. Falan duns 10.000 €.

.A Deputación provincial disminuíu sensiblemente a subvención que lles daba ata agora.

.E a Xunta de Galicia retiroulles toda axuda este ano. Afirma Iñíguez que por celebrarse o Felipop en Limodre, non son menos que os das cidades a onde vai parar o diñeiro público que é de todos. Afirma que no norde das provincias de Lugo e A Coruña non hai nada de axudas. Así as cousas, a asociación Felicia de Limodre fará malabares para cadrar as contas e ofrecer un Felipop máis que digno os dias 6 e 7 do próximo mes de agosto. Coñeceremos proximamente o cartel. 

Sociedade