O fenés Pablo Bouza leva por segundo ano consecutivo o certame literario do Concello de Vilalba

O fenés Pablo Bouza leva por segundo ano consecutivo o certame literario do Concello de Vilalba

25 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O fenés Pablo Bouza recibiu, por segundo ano consecutivo, o primeiro premio do Certame Literario de Vilalba, que organiza o Concello chairego e que está dotado con 3.000 euros. O seu poemario “Na intimidade do Azuoure” foi o elixido por parte do xurada desta XXXVI edición, e que estivo formado polo concelleiro de Cultura vilalbés, José María Leira Boado; o membro da Real Academia da Lingua Española, Darío Villanueva; Xosé Carlos Rodr

O faio desta edición foi comunicada onte no transcurso da presentación do libro que contén as obras gañadoras do certame do ano pasado e que serán publicadas por Espiral Maior. Os dous traballos son “Ingrávido signo” de Pablo Bouza,  e “Outono mancebo céfiro de as ergueitas”, do castreño Xosé Ramón Otero Canto, e que fan os números 230 e 231 das publicacións desta editorial.

Foi o propio director de Espiral Maior, o chairego nado en feira do Monte (Cospeito) Miguel Anxo Fernán Vello, quen abriu a quenda de intervencións falando da importancia da comarca da Terra Chá pola súa “eclosión d3 escritores e d3 poetas xurdidos na comarca e en Vilalba en particular”. Fernán Vello referiuse á existencia “dunha escola poética vilalbesa, tanto no plano histórico como no actual” e na que situou a poetas vilalbeses “como Xosé María Chao Ledo, Manuel Mato Vizoso, Antonio García Hermida, Carmen Prieto Rouco ou Xosé Luis García Mato”. Por este motivo animou aos poderes públicos a manter vivo “este patrimonio cultural e cultivalo con todo o noso interese sentindo orgullo de ser chairegos e vilalbeses”.

Estas dúas obras serán distribuídas polos principais puntos de venda de libros de toda Galicia e a outros puntos como Madrid ou Barcelona, lugares “onde hai interese pola obra que se fai en Galicia e que levarán con orgullo o nome do Concello de Vilalba e as voces de Pablo Bouza e Xosé Ramón Otero Canto”.

Vello definiu “Ingrávido signo” como un libro de “poesía da memoria, do ser, con elementos de reflexión de carácter metafísico da vida e do tempo fundidos nun espazo de creación que é o poema”.

En canto a “Outono mancebo céfiro de as ergueitas”, o director de Espiral Maior afirmou que “coñece a tensión do verso no seu sentido clásico e que nos ofrece neste libro en forma de poesía da natureza”. Segundo o poeta lucense, “o vento é actor poético no libro de Xosé Otero Canto, aínda que tamén emprega poesía da evidencia e da observación e participa desa tradición da poesía chairega”.

Pola súa banda, o gañador das dúas última sedicións, o coruñés Pablo Bouza, admitiu estar “moi emocionado polo libro e por ter acadado este primeiro premio”. Foi o propio Bouza quen definiu a estrutura da súa obra publicada, “Ingrávido Signo”.

“Este é un libro que nace dunha experiencia persoal concreta, da experiencia da morte do meu pai que fai que me replantexe algunhas cousas e que volten á miña memoria algunhas imaxes e símbolos. É un libro dividido en vairas partes . A primeira: alma valeira, é quizais a mais anguriosa do libro pola desaparición do ser querido. A segunda parte, mais dedicada á memoria onde comezo a recordar eses anos, sobre o pasado, sobre a relación cos pais, incluso a relación coa natureza e o mar. Logo hai outra parte: de mar a mar, onde incido nesta simboloxía mariña”, considerou Bouza.

O outro dos protagonistas do acto, Xosé Ramón Otero Canto, falou do referente musical do libro, porque “é unha fuga referida ao vento, que son 12 estrofas que á súa vez xeran 12 poemas. Logo unha suite, que son apuntes para sonetos, e finalmente unha sonata”.

O encargado de pechar o acto foi o alcalde da vila, o popular Gerardo que se comprometeu a que “a partir de agora se sigan publicando estes premios” e porque “todo o patrimonio cultural que nos deixa este certame literario sexa paulatinamente publicado, tanto coa axuda da Xunta de Galicia, como pola área de Cultura da Deputación de Lugo”.

A entrega dos premios farase nun acto no Auditorio Carmen Estévez a partir das 19.45 horas do luns 30 de agosto con José Luis Novo Cazón de mestre de cerimonias.

Cultura