O ferrolán, Juan Cardona, presenta unha novela ambientada no século XVIII

O ferrolán, Juan Cardona, presenta unha novela ambientada no século XVIII

21 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Juan Cardona Comellas presenta a súa segunda novela. “Alvaro de Moncada, oficial de la Real Armada”. Trátase dunha novela histórica que se desenvolve no século XVIII, na época de Carlos III, nas datas nas que se finaliza a construción do Arsenal de Ferrol.

O libro preséntase o xoves 24 ás 8 da tarde na sede do Toxos e Froles de Ferrol, coa introducción de Fernando Bores.
Juan Cardona Comellas avanzanos algunha das claves da publicación nunha entrevista.

Cardona Comellas traballa xa na segunda parte da novela, ademais dunha nova publicación “Los crímenes del paredón” historia policíaca dun asasino en serie, ambientada na Guerra Civil española e outra sobre a familia Romanov, os últimos zares de Rusia.

Sociedade