O Ferrol CB recupera a Vukovic e perde a Rubén por gripe

O Ferrol CB recupera a Vukovic e perde a Rubén por gripe

11 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Ferrol CB prepara o seu trascendental partido do sábado ante o Marín Peixe Galego. O equipo ferrolán enfrentárase a un rival directo xa que o conxunto pontevedrés presenta os mesmos güarismos que o Ferrol CB. Ámbolos dous equipos suman cinco vítorias e tres derrotas de oito partidos disputados. Vukovic incorpórase ao grupo mañán xoves e posiblemente estará a disposición do míster este sábado.

Vukovic tiña unha forte contusión que lle impedia a súa movilidade na cancha. Despois do reposo protocolario, o xogador comezou a traballar en solitario no proceso de recuperación. Mentres tanto no club están pendentes da evolución da gripe de Rubén que tiña episodios febrís nos primeiros días desta semana. O sábado visita á Malata o equipo do Marín Peixegalego. O Ferrol ocupa a cuarta posición da clasificación xeral e intentará gañar para consolidarse nos primeiros postos despois de perder o sábado ante o líder o Chantada nos 4 últimos minutos de partido.

Deportes