O Ferrol mais doce

O Ferrol mais doce
31 de Xaneiro, 2021 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os ferroláns tiveron antano doces de seu para deleitar os padais da mariñeiría e dos habitantes da cidade. As docerías multiplicáronse e tiveron sona en toda a cidade. 

A repostería foi evoluíndo co paso do tempo o mesmo que a gastronomía en xeral porque a globalización o permite, pero houbo un tempo en que as vilas e cidades tiñan que adaptarse aos produtos dos que dispuñan para “inventar” pratos que foron converténdose en “típicos” daqueles lugares, vilas, cidades ou comarcas. No caso de Ferrolterra, o bibliófilo e investigador Guillermo Escrigas, defende a sinxeleza dos doces desta zona poñendo como exemplo as galletas de mar que serviron de alimento á mariñeiría da Armada, os denominados “biscoitos cocidos dúas veces”, feitos de fariña de trigo duro, peneirado e amasado con auga do río Belelle.

Cos oficiais e enxeñeiros da Armada, chegaron á cidade cociñeiros e reposteiros que fixeron as ledicias dos larpeiros destas terras. Un tal Merín foi un deles. En 1893 publicou en Ferrol o libro “ El confitero y el pastelero”. Típico exemplo de artesanía popular foron os sanandreses de Teixido, feitos de pan mascado, tinguidos da cor verde e encarnada con pigmentos vexetais do ribazo cedeirés máis venteado do mar.

Deixamos aquí outro exemplo da repostería ferrolá antiga, “Tortilla de froita”

Pélanse e límpanse medio quilo de froitas da tempada: mazá, pera, uvas, kiwi e amorodos. Póñense nunha pota coa mesma cantidade de auga e deixase cocer ata que se desfagan. Batemos oito ovos con 125cl de leite e 125g de azucre. Engadimos unhas raspas de cortiza de limón. Untamos unha tixola con manteiga e faise unha tortilla con todo ben batido. Unha vez que espesa retírase do lume e bótase azucre por riba que queimaremos cun ferro quente ou cun aparello moderno para tal fin.

Os ferroláns, terra de bos confeiteiros non cederon, co paso do tempo, na teima de fabricar postres propios. Aí están por exemplo a Torta de Ferrol” a base de castañas ou os “Bicos” a base de chocolate, que as docerías moldean con motivo da celebración da Noite das Pepitas. Nin que decir ten que as docerías en Ferrol foron abondosas e sabedoras, desde Ferrol Vello ata As Agustias en Esteiro. 

 

(Imaxe dos sanandreses de Teixido, hoxe motivo ornamental codiciado polos turistas)

Cultura

Publica o teu comentario agora