O festival alternativo Millo Verde da un salto cualitativo na súa III edición

O festival alternativo Millo Verde da un salto cualitativo na súa III edición

02 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

As actividades arrancarán na tarde do venres con seis grafitteiros que decorarán en directo paneis de 8x2 metros instalados para a ocasión na Alameda.

Xa as 22:00 horas o campo anexo do Choco acollerá a primeira xornada de concertos. O encargado de inaugurar o festival será o gañador do concurso de maquetas, Skandalo GZ quen levará a súa música ska-rock enriba do escenario. A continuación chegará a música reggae do grupo vigués Zaramandi, seguida do ska-punk dos italianos Talco Unha agrupación con tendencias antiracistas e antifascistas que dará paso a última actuación do día, un espectáculo tecno a cargo do grupo catalán Proyecto Luisbo.

Mercado de troco

O sábado as actividades arrancarán xa pola mañá cos postos divulgativos na Alameda e xa pola tarde o mercado de troco onde poden participar todos os que o desexen levando obxectos en bo estado e que non necesiten para intercambialos por outros. Dende libros, discos, electrodomésticos pequenos, roupa ou xoguetes. Precisamente pensando nos máis cativos haberá xogos populares e a música para amenizar a xornada correrá a cargo do grupo local Los Croquetas.

Outro escenario será a praza da Casa da Torre onde actuarán a partir das 16:30 horas os gurpos Sleeping Luck, Agonica e Beatus Ille.

A música desprazarase novamente ao anexo do campo de fútbol a partir das once coa actuación de Blackbum, unha agrupación chegada dende a Coruña pero cuxos compoñentes teñen orixes tan dispares como Brasil, Suecia ou a propia cidade herculina, o que se traduce nunha proposta musical con influencias da música negra, samba, funk ou jazz.

Dende Murcia chegan as letras críticas de Eh Txo mentres que a cota feminina porana as gañadoras do “A polo ghit 2007”, Sacha na horta.

Para pechar o día escoitaranse as letras reivindicativas e festeiras de Che Sudaka.

O domingo o peche do festival correrá a cargo de Los Quíntelas as 21:00 horas mentres que durante toda a tarde haberá charlas coloquio na Casa da Torre.

 

 

 

Cultura