O Festival da Lingua na Coruña chega con polémica

O Festival da Lingua na Coruña chega con polémica

19 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Quenlla, Dios ke te crew e Fracasados de Antemano son os grupos que actuarán no Festival da Lingua que esta tarde se celebra no Campo da Leña (Praza de España) da Coruña. O evento ven precedido de polémica polas acusacións formuladas polo presidente provincial do PP coruñés Carlos Negreira quen vencellou a actividade con grupos terroristas. A Asociación Veciñal de Monte Alto e o centro social A Treu tildaron esas manifestacións d

Segundo sinalan os organizadores, "o obxeto e fin de este evento non é outro que o de festexar e promocionar o uso da nosa lingua na cidade d’A Coruña". Entenden que, "ao igual que as institucións, os colectivos de base dan un uso vivo, real, criativo e propositivo. Un uso -ainda- cotidiano, alegre, popular e reivindicativo". Cren que "é importante potenciar un idioma, unha gramática, unha lingua, ao cabo unha forma de ver o mundo, que nos fai máis ricos, cultural, social e comunitariamente falando". Con actividades como ista, as agrupacións, asociacións e colectivos de base amosan positivamente a súa vinculación e compromiso cunha virtude colectiva que, en forma de lingua,  traballan por manter, pulan por normalizar.

As actuacións folclóricas comezarán ás seis desta tarde, e o concerto arredor das nove e media da noite. 

Sociedade