O Festival de Ortigueira 2010, máis celta que nunca

O Festival de Ortigueira 2010, máis celta que nunca

07 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cun cartel 100% celta, apostando polos novos grupos e promovendo novos estilos como o folk rock, inaugurase mañá a XXVI edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Declarado de Interese Turístico internacional, o festival, un dos máis importantes de música celta de todo o mundo, encherá de música e festivaleiros a pequena vila de Ortegal ata o vindeiro domingo. Esta edición presenta un cartel no que o 70% dos grupos estr&eacu

O Festival de Ortigueira arrinca mañá ás oito do serán, coa música de gaitas e a proxección da longa “Os Crebinsky”. A noite, adícase ao folk rock coas propostas máis enérxicas dos bretóns Krêposuk, os vallisoletanos Celtas Cortos e o mítico grupo británico Oysterband. O coordenador do festival, Alberto Balboa explicou que así non mesturan a música folc celta, máis tradicional, coas diferentes correntes máis fortes do folc.

O venres, soberán ao escenario A Escola de Gaitas de Ortigueira, Gaelic Storm, o novo proxecto irlandés Afterhours, Marful, os belgas Orions, Cristina Pato e os catalanes Qui Hi Ha, gañadores do concurso Runas do ano pasado.

O sábado o festival retoma a liña tradicional do día anterior coas actuacións de Anxo Lorenzo Band, os estadounidenses Gaelic Storm, os escoceses Shooglenifty, Leilía e  os andaluces Rare Folk que pechan a xornada.

O domingo día 11, este clásico da axenda musical galega, acolle o  'Proxecto Runas', de promoción de novos valores da música folk. The Crass, Xabi Aburruzaga e Celtic Maze son os artistas que participarán na final do concurso. A banda elexida garantirá a súa presencia na seguinte edición, compartendo táboaas cos cabezas de cartel do Escenario Estrella Galicia. Ademais neste derradeiro día terá lugar a exhibición de bandas de gaitas, onde participarán entre 400 e 500 gaiteros de Galicia, Portugal, Bretaña, España e Escocia.  Entroutras actividades, durante as 96 horas de acampada libre e gratuita do festival, celebraranse talleres de zanfona, regueifa, baile tradicional e exposicións fotográficas entroutras disciplinas. 

Sociedade