O Festival Galego de Cabaret volve á Coruña

O Festival Galego de Cabaret volve á Coruña

17 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Do 18 ao 28 de setembro A Coruña albergará a 8ª edición do Festival Galego de Cabaré. O Festival Galego de Cabaré, única mostra destas características que se celebra en toda a Península Ibérica, estira os seus nocelos para amosar, durante dez días, o mellor do cabaré galego, un xénero que cada vez goza de mais compañías e propostas escénicas. Con esta son oito as edicións deste festival

Con moita imaxinación, o apoio do Teatro Colón, que desta vez convírtese en epicentro da súa programación, o respaldo de Selmark Lingerie, que cedeu unha nutrida mostra de corsetería, a organización do Colectivo Femme Fatale, realidade escénica renovada con forza e a dirección de Nelson Quinteiro, mestre de cerimonias do novo cabaré pangalaico, esta nova edición do Festival Galego de Cabaré volve á Coruña adoptando a autoxestión como valente aposta de supervivencia e consolidación.

Baixo a lenda “Volve a Revolución Dourada de Outono” o 8º Festival Galego de Cabaré regresa á Coruña para tinguir de dourado e brillos “vintage” unha situación que nos retrotrae e ápocas pasadas e fai desplegar as ás a un xénero que se convirte en válvula de escape onde a nocturnidade, a alevosía e a diversión mestúranse co sátira, a crítica política, a sensualidade e a provocación como crisol escénico dunha pasta vítrea do máis poliédrica.

Unha das aportacións máis novidosas a esta edición foi a entrada en tropel dun feixe de locais que se decidiron a apostar pola mostra e contratar cadanseu espectáculo ou proposta para facer medrar a programación deste festival.

Deste xeito, locais como o Monty Ambigú, Hándicap Café, O Mentireiro, Bristol Bar, A Repichoca Orillamar, Taberna Mahara, ou o Bar Nenna albergarán espectáculos e propostas que enriquecerán a parrilla do festival, ademais de posibilitar a celebración dun colorido pasarrúas polas rúas máis céntricas da cidade.

Durante a fin de semana previa á programación no teatro Colón,levarán a cabo unha serie de actividades paralelas de cara a que sirvan de ciaxa de resonancia de todos os espectáculos que terán lugar no Teatro Colón, levando o cabaré a diferentes puntos da cidade, facendo “acupuntura urbana” e botando pingas de cabaré nas rúas, espazos de lecer e demais ubicacións non convencionais, de cara a conformar unha programación plural e holística.

Xoves 18 de setembro

21:00 h BAR MONTY Boulevar do Papagaio
MICRO CABARÉ. Caligrafías torcidas dun neno perdido con Nelson Quinteiro
Entrada Libre
Un exercicio de cinísmo, humor ácido e sinceridade brutal nun espectáculo "one man show" no que Quinteiro ofrece unha serie de pildoriñas de micro-cabaré que combinan o autobiográfico con monólogos extraídos de espectáculos escritos para a Compañía Femme Fatale e baseados en autores como Dario Fo, Eduardo Galeano ou Félix Sabroso.

Primeiro día:xoves 18 de setembro.

22:30 h HÁNDICAP CAFÉ Rúa Curros Enríquez.
SUPERMARKET con Esther Carrod´eguas
Entrada Libre
Unha obra que mestura a escrita poética, o recitado, a interpretación, o clown ou a investigación xornalística.
Todo isto cociñado coa man e experiencia do director de teatro Xavier Castiñeira, que consegue que a receita deseñada por Carrodeguas fique no seu punto perfecto de cocción. Segundo a actriz rianxeira, "Supermarket! ofrece ao espectador 59,99 minutos de poesía e, sobre todo, comedia". É por iso que define o espectáculo como Stand Up Poetry.
"É un espectáculo vertebrado arredor da idea dun supermercado no que se venden os textos do propio show a modo de tupper-sesión. 

Sociedade