O Festival Internacional de Xardíns de Allariz xa é unha realidade nas marxes do río Arnoia

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz xa é unha realidade nas marxes do río Arnoia

14 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Concello de Allariz iniciaba hoxe a presentación do Festival de Xardíns que será proximamente inaugurado. A presentación centrouse na definición do regulamento que servirá de guía para a celebración de cada concurso anual do Festival de Xardíns, un proxecto que segundo o alcalde Francisco García &ld

Allariz pretende, con esta intervención ás marxes do río Arnoia, ser un referente nunha experiencia pioneira en Galicia así como no estado compartida con outras localidades europeas de Francia, Austria ou Portugal integrando unha rede de festivais de xardíns europea.

O alcalde sinalaba ademais que este proxecto suporá “a dinamización económica, de programación cultural, de sensibilización sobre os valores do paisaxismo, arte e xardinería, e un impulso para o corredor temático do río Arnoia”

Regulamento do Festival Internacional de Xardíns de Allariz

O regulamento, que será sometido a debate na sesión plenaria do mes de xuño, establece as bases que regularán a presentación de proxectos por unha persoa física ou xurídica relacionada co mundo da arquitectura, da arte plástica, paisaxe ou deseño.

Ademais o concurso, que terá proxección internacional, estará aberto a calquera cidadán que desexe presentar a súa proposta, xa que non existe ningunha restrición académica.

Despois da aprobación en pleno do regulamento, abrirase un período de presentación de proxectos ata o día 15 de novembro, data a partir da cal o xurado, nomeado polo Concello de Allariz, procederá á selección dos proxectos presentados para comezar a súa execución en xaneiro do próximo ano. Os xardíns escollidos serán expostos ó público de maio a outubro.

Unha vez expostos, os xardíns serán valorados polos visitantes, que serán os encargados de decidir por maioría, ó final da tempada, cal será o xardín que permaneza un ano máis na exposición. Os demais serán situados no concello, doados a outras institucións e mesmo comercializados.

O festival, que terá unha temática anual diferente, comezará a súa andanza con xardíns relacionados coa Moda, outro dos valores históricos que posúe Allariz.

O Alcalde fai unha valoración positiva desta intervención xa que opina que “esta experiencia vai contribuír a dinamización económica e turística da vila, encaixando ben nas condicións de Allariz en relación coa Reserva da Biosfera, ós espazos verdes recuperados, o patrimonio histórico artístico; combinándoa cun proxecto que mestura creación artística e natureza en pleno parque etnográfico”.

Institucional