O Finisterrae Festival trae a Galicia o primeiro ciclo de concertos de música sinfónica, de fusión e de rock experimental

O Finisterrae Festival trae a Galicia o primeiro ciclo de concertos de música sinfónica, de fusión e de rock experimental

01 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Coliseum da Coruña acolle nestes días festivos o primeiro evento musical en terras galegas dedicado exclusivamente ao mundo do sinfónico, a fusión e o rock máis experimental. Bandas de Suecia, Gran Bretaña, Alemaña, Francia, Italia e incluso Hungría están no primeiro cartel do Finisterrae Festival, que chega da man de Rafael Piñeiro, o ideólogo e organizador do proxecto.

É a primeira vez qe Galicia acolle un evento dedicado a este xénero musical, pero chega con intención de perpetuarse no tempo e converterse nunha cita obrigada para todos os anos na cidade herculina.

Este ano, o cartel está conformado polos suecos Agents of Mercy & Karmakanic, os británicos Colin Bass & Jan Schelhass e os Steve Hacket Band, co baterista de Génesis. Estas tres formacións son as encargadas de abrir o Festival o xoves. Para o venres estará a representación española cos andaluces CAI, os alemáns RPLW e os británicos Pendragon. E xa o sábado, o escenario do Coliseum acolle aos franceses Lazuli, aos húngaron After Crying, aos italianos Premiata Forneria Marconi, e aos estadounidenses Planet X.

As entradas custan 40 euros na billeteira e hai un abono para os tres días por 100 euros.

Cultura