O FIV animará o San Ramón 2009

O FIV animará o San Ramón 2009

28 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As Festas de San Ramón 2009, que comezarán oficialmente a partir do 28 de agosto, bailarán entre o jazz, a bossa nova, o funk e a música electrónica. O FIV (Festival Independente de Vilalba) non é o FIB pero achégaselle. A Praza da Constitución contará, o 22 de agosto, con bos nomes dentro da música independente galega e española. Juan Rivas, Cornelius e The Pinker Tones porán os decibelios precisos par

O cabeza de cartel será a banda catalana The Pinker Tones. Recentemente galardoados co premio á mellor canción de música electrónica nos Premios de la Música, a formación de Poble Nou conta con tres longos ás súas costas e concertos en cidades coma Tokio, Johanesburg ou Londres. De feito, Vilalba significará o seu regreso a España tras a xira que farán por Estados Unidos, onde visitarán Los Ángeles, Miami ou Nova York.

 

A fusión pop e funk de Cornelius é a segunda gran noticia do FIV. O grupo arousán, que presentará o seu segundo album na Sala Capitol de Santiago o vindeiro 28 de maio e que será distribuído en mais de 50 países, será outra das actuacións que deberán ter en conta os que gusten dos bos directos. Pero Cornelius non só é un grupo prometedor que comeza, é xa unha realidade. Tanto é así, que o seu produtor é Mick Glossop, que traballou con xente como Van Morrison, Suede ou Mike Oldfield.

Por último, o terceiro gran nome será o de Juan Rivas. Este músico vigués ten unha longa e recoñecida traxectoria na música independente. Cun estilo de música na que mistura o lounge, o jazz, a bossa nova ou o disco, ven de presentar o seu disco “Superdiscotropical”, que terá un oco dentro do verán vilalbés.

O FIV ten un orzamento de 30.000 euros onde se contemplan os gastos de contratación dos grupos, o escenario, a iluminación, ou o acondicionamento da praza.

Duración de dez días

A edición deste ano de San Ramón terá unha duración de dez días, xa que comezará o 28 de agosto e finalizará o 6 de setembro. Ademais do FIV, outros dos eventos que se programarán para estes días serán unha nova edición de Vilalrock, nas instalacións desde A Magdalena e no que actuarán grupos locais; as tradicionais verbenas, coas orquestras Samba e Atenas, o día 29; Fania, o 30; Olimpus e París de Noia, o 31; Sintonía de Vigo e Abanico, o 1; La Oca e Ceniza, o 5, e Xente Nova, o 6. Pero o punto forte será o 4 de setembro, xa que o Campo da Feira vivirá a actuación dun dos grupos con mais sona do panorama musical español desde os 90: Celtas Cortos.

Sociedade