O FIV xa ten oco no ciberespacio

O FIV xa ten oco no ciberespacio

05 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Festival Independiente de Vilalba (FIV), que terá lugar o vindeiro 22 de agosto na capital chairega, puxo en marcha unha páxina web con toda a información precisa para saber mais dunha das citas musicais do verán galego que ninguén debe perder. Así, pinchando na dirección http://vilalba.org/fiv poderase consultar o cartel, a historia do FIV, as novas sobre este evento, así como as instrucións precisas sobre cómo chegar, para que

Este festival, que no 2009 conta coa súa segunda edición, programou a actuación de importantes nomes dentro escena musical galega e española, como son os casos de The Pinker Tones, Cornelius e Juan Rivas, ademais da actuación dos DJ´s Javier Rial (La Radio en Compostela) e Lelé.

 

 

Xa o ano pasado tivo unha importante participación de nomes como os vigueses The Blows, o grupo comandado por Luis Tosar, The Ellas; Miguel Costas e Ian.

Cultura