O folkfusión de BellónMaceiras Quinteto

O folkfusión de BellónMaceiras Quinteto

16 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

BellonMaceiras Quinteto ofrecerá unha actuación este venres ás nove da noite na praza do Concello de Fene (A Coruña). O programa da Televisión de Galicia “Alalá” grabará un dos seus espazos aproveitando o concerto. Tocarán na casa e por iso de seguro que se convertirá nunha actuación especialmente gratificante para a formación integrada por Daniel Bellón, Diego Maceiras, Juan Tinaquero, Juan Cabe

O gaiteiro Daniel Bellón acudía hai uns dias a Radio Fene e falaba tamén das súas actuacións en Lorient, un lugar onde a música tradicional é moi apreciada. Daniel Bellón e Diego Maceiras actuarán tamén como dúo a finais do mes de xaneiro no Festival de Cosquín, a cita da música raiz máis importante de Argentina. Nesta época na que a fusión semella ser a nai de todas as músicas, os de BMQ cociñan con acerto un menú composto pola tradición, blues, jazz, swing, tango e calquera outro ritmo que se lles cruce polo camiño.

Cultura