O funcionamento do economato de Navantia Fene

O funcionamento do economato de Navantia Fene

29 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O economato de Navantia Fene conta con escasos produtos e caros, segundo denuncian os sindicatos USTG e Alternativa Independente. As centrais reclaman o cumprimento da sentencia que obrigou á empresa a reabrir as instalacións no 2008, pero optan por unha xestión directa en lugar de subcontratar o servizo a Froiz.

O economato de Navantia Fene dispón de 2 establecementos abertos ao público con produtos de alimentación, textil e fogar. Desde hai 2 anos, Froiz xestiona as instalacións, pero iso provoca protestas e descontento, segundo os sindicatos que esta mañá convocaron unha concentración diante das portas do estaleiro. 

Os concentrados protestaron contra os prezos e a escasa oferta de productos que encontran no economato desde que xestiona as instalacións a empresa Froiz.  Xosé Francisco Salceda e Antonio Vigo, de USTG e AI respectivamente, non están dacordo con que o economato estea en mans privadas e reclaman a volta á situación anterior ao peche do economato, a que se encargue do mesmo persoal do estaleiro.

Xosé Francisco Salceda defende un economato da empresa, rexido por unha Xunta administrativa que facilite a compra a crédito como antes, e que marque a calidade e os prezos dos productos para non encontrarse con algúns máis caros que nas propias superficies de Froiz.

Sociedade