O furor das patacas

O furor das patacas
20 de Marzo, 2020 - 11:02 h. | Publicada por Radio Fene

Na froitería O Rincón da rúa da Fraga hai de todo, de momento. Xa pasou o furor das patacas dos primeiros dias.

ESCOITA O PODCAST:

“Imos tirandiño, como todo o mundo” afirma Dolores Vilar da froitería O Rincón, na rúa da Fraga. Como o local é moi pequeniño, os clientes só poden entrar de un en un. O resto agarda fora mantendo o metro de distancia. Conta Loli que a xente foi asumento a situación dun xeito moi positivo, poñendo as luvas, “porque saben que non se pode andar con bromas” declara. Na froitería O Rincón as patacas fixeron as veces do papel hixiénico nos supermercados. Nos primeiros días todo o mundo quería facer acopio de patacas, ata o punto que tivo que ser ela quen dosificara as compras cunha bolsiña para cada cliente. Tamén actúa a froiteira fenesa recomendado a conxelación de determinadas verduras (cabaciño, cenouras…) por si no futuro fallaba o transporte, pero de momento todos os productos están chegando sen problemas. A froita non pode conxelarse, pero sempre se poden facer conservas. Pero insiste Dolores Vilar “de momento hai de todo”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora