O futuro do galego a debate en Vilalba

O futuro do galego a debate en Vilalba

04 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Representantes do PP, PSdeG- PSOE e BNG debaterán esta tarde sobre o futuro da lingua galega nun acto que comezará ás 20,15 horas no salón de actos do Circulo Recreativo de Vilalba (Lugo). O xornalista Xulio Xiz moderará a mesa redonda que será retransmitida en directo por Radiofusión.

Participarán o nacionalista Antón Bao, o socialista José Carlos Ferreiro e o popular Agustín Baamonde. Organiza o acto o periódico Terra Chá.Xa e o Instituto de Estudos Chairegos.

 

Sociedade