O futuro dos traballadores das auxiliares de Navantia pende dun fío

O futuro dos traballadores das auxiliares de Navantia pende dun fío

15 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cansos da promesa dun repunte na carga de traballo no 2011 os traballadores das empresas auxiliares de Navantia concentráronse esta mañá na porta do asteleiro ante “o futuro incerto que lles agarda”. Un acto reivindicativo para amosar a súa preocupación ante a proximidade da finalización das obras contratadas e a ausencia de novas contratacións que conlevará, a medio prazo, unha inminente falta de ocupación dos asteleiros. Unha situa

“Queremos carga  de traballo xa!! para os asteleiros” rezaba a pancarta portada polos traballadores das compañías auxiliares de Navantia de Ferrol e Fene. Medio cento de operarios na porta do estaleiro da cidade departamental demandaban unha maior implicación dos gobernos central, autonómico e locais, así como un aumento da iniciativa pública para a creación de alternativas industriais na comarca para garantir a ocupación da súa poboación activa.

No acto, un dos traballadores do sector da pintura e delegado da CIG, Emilio Maceiras, lía un comunicado no que se sinalaban as súas reclamacións. “Estamos fartos de promesas que sabemos que non se van cumprir”, manifestou Maceiras.

2500 traballadores, pertencentes ás compañías auxiliares de Navantia, atópanse baixo a incertidume dun futuro sin perspectivas de traballo.

Sociedade