O futuro renovable

O futuro sostible pasa polas enerxías renovables
28 de Agosto, 2019 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

Está claro que a enerxía do futuro é a enerxía renovable. Enerxía eólica, hidroeléctrica ou solar; é dicir, as enerxías que dependen en última instancia do Sol. Presentan moitos menos problemas que as procedentes dos combustibles fósiles mais hai que ter en conta que nin sequera as enerxías renovables son ilimitadas.

ESCOITA O PODCAST:

Para o seu tratamento adecuado fan falta minerais e as localizacións xeográficas óptimas para que funcionen correctamente tampouco son infinitas.

Hai que ir entendendo que son as enerxías do futuro, pero dun futuro distinto. Emilio Santiago, experto en medio ambiente, ilustra a súa problemática.

Necesitaremos aprender a vivir gastando menos recursos. Por exemplo no ámbito do transporte, haberá que acostumarse a unha forma de vida máis local, máis de distancias cortas. Non significa que teñamos que vivir peor, senón dun xeito diferente.

Sociedade

Publica o teu comentario agora