O futuros xornalistas galegos coñeceron hoxe o novo deseño da web de Radiofusión

O futuros xornalistas galegos coñeceron hoxe o novo deseño da web de Radiofusión

09 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O secretario de EMUGA, Henrique Sanfiz, presentou esta mañá en Santiago o novo proxecto da páxina web de Radiofusión (www.radiofusion.eu), a programación das emisoras municipais galegas. Sanfiz destacou hoxe que este novo deseño permitirá unha posta en valor do son como recurso de comunicación e tamén da retroalimentación cós o&

Un grupo de alumnos de xornalismo acudiron á presentación da nova plataforma dixital de Radiofusión, un deseño que, según indicou Henrique Sanfiz, presenta unha mistura máis alá da radio tradicional. O obxectivo será a captación dun polo de atracción informativa na periferia das cidades e nos núcleos urbanos mediante a oferta de información de interés, cultural, novas tecnoloxías e dende o local. A coordinadora do proxecto, Paula Alonso, incidiu na inclusión de EMUGA na rede de webs 2.0 na que o usuario adquire un papel de constructor de contidos a través da súa opinión en comentarios de novas e redacción de noticias. Por outro lado, destacou a usabilidade e facilidade de uso da nova estructura da web que, mediante un menú despregable, permitirá acceder a todo tipo de contidos de maneira sinxela. Asimesmo, a propia catalogación das informacións en bloques destacados facilitará a búsqueda aos apartados de maior interés e constantemente actualizada dende as diferentes emisoras que compoñen o proxecto de Radiofusión. Desta maneira, o secretario de EMUGA, Henrique Sanfiz, valorou as posibilidades desta iniciativa e das novas linguaxes dos medios electrónicos para equiparar a inmediatez da fórmula radiofónica coas ferramentas e recursos que ofrece internet.Por outro lado, Sanfiz aclarou que se trata da primeira fase dun proxecto que ampliará as súas posibilidades en función da demanda do consumidor e que, como obxectivo fundamental, incidirá na revalorización do local dende a optica global e galega das emisoras municipais da Comunidade Autónoma.

Sociedade