O galego no catálogo das línguas

O galego no catálogo das línguas
25 de Maio, 2020 - 09:06 h. | Publicada por Radio Fene

Carvalho Calero repetidamente ten aducido que a unidade da lingua falada na Galiza co ámbito idiomático portugués era un principio fundamental defendido tanto pola ciencia filolóxica, como polo galeguismo. Afirmaba o profesor ferrolán: Nada queremos inovar. Só o resistir a desnaturaçom da nosa fala, devolvéndolle o seu posto no catálogo das linguas, evitando a desmembraçom que a debilite e o isolamento que a degrade. Recólleo así Martinho Montero nun artigo publicado no libro "O Carballo que fun en Ferrol" coordenado por Bernardo Máiz

ESCOITA O PODCAST:
O carballo que fun en Ferrol, coordenado por Bernardo Máiz

Trátase dun libro con moito aporte gráfico e cun seguimento dos tres períodos da vida de Carvalho Calero en Ferrol. Foron en conxunto vintenove anos. O sete de xaneiro de 1990 foi o acto oficial de entrega da insignia de fillo predilecto de Ferrol, o último acto oficial no que participou, xa que de alí marchou directamente ao hospital, onde faleceu dous meses despois.  
Carvalho Calero sempre se negou a pactar coa cultura oficial, co stablisment. Don Ricardo era un xigante nun pais de moitos ananos, segundo o historiador Bernardo Máiz.

Carvalho e Bello Piñeiro
Carvalho Calero escribiu unha oración fúnebre na morte de Felipe Bello Piñeiro. Ademais participaba co pintor do Seixo nunha tertulia no Café Suizo de Ferrol. Coincidían alí con Xaime Quintanilla, e con Arturo Noguerol, secretario do Concello de Serantes. Bello Piñeiro foi membro das Irmandades da Fala e entrou no Partido Galeguista. Afirmaba que lle interesaba a defensa da cultura galega e dentro dela consideraba a práctica da pintura. Carvalho Calero mantiña amizade con Bello Piñeiro e acudía de visita ao Seixo.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora