O globo de Betanzos sobe hoxe ao ceo

O globo de Betanzos sobe hoxe ao ceo

16 de Agosto, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O cartel das festas de Betanzos é do debuxante Xosé Tomás, e nel, como non, aparece o Globo entre os soportais e unha familia betanceira que observa como sube ao ceo. Iso ocorrerá esta noite de San Roque no meio dunhas festas que son "moito máis que festas”. Declaradas de interese turístico nacional, o programa comezou o o domingo co pregón a cargo do director da Volta Ciclista a España, Javier Guillén.Todo acabará o 25 de

O día 16, día do Globo, é un dos máis importantes da celebración. Coincidindo co 600 aniversario das festas tamén será o VI Centenario da ofrenda a San Roque, a Función do Voto. O alcalde, Ramón García Vázquez, realizará a ofrenda. O globo lanzarase ás 23 horas.

Hoxe animará a verbena betanceira a orquestra Alarma Band, o día 18 para Os Satélites, e o día 25, coincidindo co fin de festas, a orquestra Marbella. Todas elas ocupan posicións destacadas no Ránking de Orquestras de Galicia. A maiores, o Concello organizou este ano dous concertos. O próximo sabado día 20 actúan en Betanzos, Celtas Curtos coa súa xira de 30 aniversario. Antes, o día 19 será o festival adicado aos grupos locais.

As festas volven ser un conglomerado de actividades para todas as idades, nas que tampouco faltan os programas dedicados aos máis pequenos; os torneos deportivos ou os concertos da Banda Municipal de Música.E queda a Romaría dos Caneiros que se celebran o 18 e 25 de Agosto.

Sociedade