O globo de Betanzos, a tradición máis arraigada

O globo de Betanzos, a tradición máis arraigada

14 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

50 mil persoas concentraránse na noite do vindeiro domingo en Betanzos para contemplar o afamado globo das festas patronáis de San roque. Uns festexos que contan con moita solera. Non en balde declararónse  de interese público nacional no ano 1971. Dende hoxe ata o 25 de agosto , 12 días de festas para os máis incansables betanceiros.

Os festexos comezan ás oito deste serán coa coroación da Raíña das festas e coa lectura do pregón. Este ano correrá acargo do ex alcalde da vila e eurodiputado Antolín Sánchez Precedo. Despois ben a chamada cea americana, onde acuden as autoridades, a Raíña das festas e as súas damas de honor.  

Os actos deportivos sucederánse ao longo de todas as xornadas festeiras. O domingo 16 de agosto chega o día grande dos festexos  coa función do voto e como non co izamento do famoso globo betanzeiro. Milleriros de persoas congregánse para ver a súa subida ás doce da noite. Unha vez máis a noite de San Roque será testemuña do cumprimento da tradición máis arraigada entre todos os betanceiros e betanceiras.   

A música das orquestras Panorama e París de Noia, do grupo Milladoiro ou do venezolano Carlos Baute son dos algúns pratos fortes do apartado musical dos festexos. As Dúas Romaría dos Caneiros esgotarán aos betanceiros que teñen garantida a xolda durante as festas do San Roque en Betanzos que  rematan o día 25.

Sociedade