O goberno de Fene enfrentado polo exame da praza de peón

O goberno de Fene enfrentado polo exame da praza de peón

22 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG califica de "escándalo" o ocurrido co exame para  a provisión dunha praza de peón municipal. O alcalde de Fene, presidente do tribunal, defende a sua honradez no proceso e reta a que o denuncien quenes teñen dubidas de que o exame saíra do seu ordenador. Os afectados opinan que é incríble que unha das persoas que se examinóu poidese ler 54 preguntas tipo test en cinco minutos e levar unha nota de 10.

O alcalde de Fene, Iván Puentes, convocará aos membros do tribunal da praza de peón estes dias, antes do dia 30 cando está fixada a última proba desa praza. O BNG pediu unha xuntanza do tribunal para investigar o que pasou, para que non queden dúbidas e para que este tipo de procesos selectivos se fagan con total transparencia e garantías para os aspirantes.   Consultado por Radiofusión, o alcalde Iván Puentes responde que o proceso do exame foi totalmente trasparente, seguindo o mesmo modelo que utilizaba o BNG , o da participación de todolos grupos pero mellorado porque agora os grupos politicos aportan preguntas para as probas.

O voceiro do Bloque, Manuel Polo, califica de “feito sen precedentes” en Fene que os aspirantes á praza pidan a impugnación da proba. Polo afirma que o exame se escribiu tres horas antes da proba,  só no ordenador do alcalde, único sitio de onde puido sair.  Moi afectado porque se poña en dúbida a sua honradez, o alcalde fenés reta a que o denuncien e que chequeen os correos que enviou ese día dende o concello.
 

Na demanda que presentaron os aspirantes, pónse en dúbida que  sexa posible leer 54 preguntas en cinco minutos, e respondelas todas correctamente nese tempo. O Bloque sigue reclamando que se reuna o tribunal para estudar o caso. O alcalde está disposto a convocalo nos proximos dias, antes de que teña lugar a terceira e ultima proba do proceso de asignacion desa praza.

 

Sociedade