O goberno de Ordes inicia as obras de saneamento e abastecemento na Carballeira en Cabeza de Lobo

O goberno de Ordes inicia as obras de saneamento e abastecemento na Carballeira en Cabeza de Lobo

03 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes segue a poñer en marcha unha serie de obras co fin de dotar a todo o municipio dos servizos básicos facendo un especial fincapé no medio rural. Hai uns dias comezaban as obras correspondentes ao saneamento e  abastecemento de auga na Carballeira, en Cabeza de Lobo na parroquia de Ardemil. Uns traballos cos que segundo explicou o concelleiro de Obras e Urbanismo, Roberto González, “esperamos poder cubrir as necesidades máis prioritarias dos no

A estas obras na Carballeira súmanse ademais outras similares como as de saneamento na estación en Parada, que xa se iniciaran con anterioridade, e outras de saneamento e abastecemento en Vilariño na parroquia de Buscás. 

Estes traballos inclúense dentro do paquete de actuacións que o goberno local que preside Manuel Regos, incluiu dentro do fondo estatal, que achegou ao municipio 1,3 millóns de euros. Un grupo de obras no que se inclúen tamén outras correspondentes á construción de novas pistas polideportivas nas parroquias ou melloras na eficiencia enerxética do alumeado público, entre outras. 

Dende o grupo de goberno destacaron unha vez máis a súa preocupación polo medio rural do municipio e porque os veciños e veciñas das parroquias poidan contar cos todos os servizos, que neste caso consideran prioritarios.

Sociedade