O Goberno galego está disposto a recorrer á xustiza europea e española para impedir o decreto do carbón

O Goberno galego está disposto a recorrer á xustiza europea e española para impedir o decreto do carbón

16 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A Consellería de Economía e Industria presentou alegacións ante a Comisión Nacional da Enerxía (CNE) porque o “real decreto atenta contra a libre competencia, intervindo no mercado e distorsionando as decisións dos axentes do mesmo”. Asemade, pediu no seo do Consello Consultivo de Hidrocarburos, o abandono definitivo por parte do Goberno central deste decreto, porque ademais do seu impacto sobre as centrais térmicas galegas, pode conlevar a un déficit tarifario no sistema gasista español. Ademais, solicitouse ao vicepresidente da Comisión Europea que outorgue a trámite de audiencia aos afectados para evitar un pronunciamento sen escoitar aos prexudicados.

O director xeral tamén mostrou o seu malestar polo encontro que hai poucos días mantivo o Ministerio de industria e os alcaldes de Cerceda e das Pontes, onde se trataron acordos relativos o mantemento de niveis de actividade nas centrais e posibles compensacións, e dos que aínda hoxe, a Consellería non ten información.

Sociedade