O goberno ponse en marcha

Algunha novidade organizativa acordaron entre os catro grupos con representación municipal.
02 de Xullo, 2019 - 02:25 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene funcionará con tres comisións de traballo en vez das catro anteriores. Refundíronse diferentes áreas de traballo para axilizar as convocatorias.

ESCOITA O PODCAST:

Con toda probabilidade o vindeiro luns dia 8 de xullo ás 9 da mañá se constitua a nova corporación de Fene. Os portavoces dos grupos politicos con representación municipal zanxaron o novo organigrama de funcionamento para os próximos catro anos.

Cabe destacar duas novidades con respecto ao funcionamento en anos anteriores; por un lado o número de comisións será de tres en lugar de catro. Pretende así a alcaldía simplificar o número de reunións que agora serán pola tarde para conciliar a vida laboral e política dos concelleiros e concelleiras.

A primeira será a de Urbanismo, á que se suman Dinamización económica máis Obras e Servizos. A segunda estará formada polas áreas de Facenda máis Organización (Personal) e Seguridade. Por último a comisión de Cultura, Deportes, Ensino Xuventude e Benestar Social. As reunións das comisións será nesta nova tempada política, os martes polas tardes. Os plenos ordinarios seguirán celebrándose os primeiros xoves de mes.

Na xuntanza celebrada esta mañá nas dependencias da alcaldía distribuíronse tamén os representantes municipais noutros organismos externos ao concello. Gumersindo Galego non descarta que tras este primeiro pleno de organización, se convoque antes de fin de mes outro pleno ordinario.

Institucional

Comentarios

O BNG de Fene lamenta as autoproclamacións da Concelleira do PP Rocío Bértoa A día dous de xullo o Concello de Fene carece de organización do goberno , nin delegacións das áreas, nin órganos colexiados constituídos, tendo unha previsión de convocatoria de Pleno de organización o vindeiro venres 5 de xullo, agora xa parece que o luns... e nos enteiramos pola Radio! Nesta situación, na que a alcaldía ten todas as competencias, vemos con asombro como a Concelleira do PP, Rocío Bértoa, se autoproclama Concelleira de Cultura nas novas que se distribúen en medios institucionais como a páxina web do Concello de Fene. Unha tomadura de pelo total de alguén que non respecta os prazos nin as normas que rexen a institución. A falta de traballo, propostas e rigor anuncia desde xa un mandato sen seriedade nin respecto á institución e á veciñanza. O Alcalde, Gumersindo Galego, leva dúas semanas sen dar pau á auga, sen traballar, non sendo até hoxe que fixo unha proposta de organización de comisións e pleno para nugalláns. Primeiro propón reducir as Comisións informativas de 4 a 3 e trasladándoas para a tarde do martes, cada trinta minutos. Sesións express para limitar o acceso á información e á participación da oposición e reducir o traballo do goberno. A proposta do PP vai contar coa oposición frontal do BNG, non admitindo recortes nos dereitos á información e á participación das concelleiras e concelleiros.
Nome: 
BNG FENE

Publica o teu comentario agora