O gol esnaquizounas

O gol esnaquizounas
10 de Xaneiro, 2023 - 07:24 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños impúxose con claridade ao Galicia de Caranza. 2-0.  O parón do Nadal sentoulle moi ben ao equipo. “Viñamos arrastrando algúns golpes e lesións, con moita carga de traballo e puidemos recuperar xogadoras”, detalla o técnico, Juanjo Iñiguez, Cebolo. 

ESCOITA O PODCAST:

“O equipo traballou moi ben” nun partido “de moita intensidade”. Foron dous goles de Lorena Saavedra, marcados na primeira parte, os que sentenciaron o encontro.  “A porteira deles cometeu un erro, Lorena aproveitouno e o resto do partido quedou marcado por ese erro”, di o adestrador. “Sorprendeume que o Galicia non nos competira máis. Intentárono pero penso que o gol esnaquizounas”, conclúe.

 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora