O gordo da lotería caeu en Ferrol en 1915

O gordo da lotería caeu en Ferrol en 1915

22 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O gordo daquel 1915 resultou moi repartido, pero os premios foron cuantiosos. Moitos dos tripulantes do España puideron retirarse da Marina e montar os seus negocios na cidade de Ferrol. O fotógrafo ferrolán Pascual Rey fixo unha gran fotografia da tripulación do buque e publicouna na revista Blanco y Negro da época. Ademais os tripulantes gardaron un exemplar da foto enmarcado e cunha pequena bola co número agraciado, incluida no marco. O acorazado España foi o primeiro gran barco construido pola Armada Española despois da guerra de Cuba. A súa botadura asistiu a raiña Victoria Eugenia. Por iso o premio adquiriu unha maior resonancia. Ferrol tivo unha maior relación coa lotería, máis alá do gordo caido en 1915.

 

En 1998 un cadro da concatedral de San Xulián reproduciuse nos décimos postos á venda para o sorteo do Nadal. Inscribíase na serie “Arte nas catedrais españolas” que ese ano decoraron os billetes da lotería. Tamén un mapa do Arsenal de Ferrol apareceu nos décimos en 1988, ano no que  o sorteo adicouse ao Rei Carlos III, co gallo do segundo centenario do monarca. Baixo o seu mandato naceu a lotería en 1763. Eran curiosidades, anécdotas acerca da relación de Ferrolterra co sorteo da lotería do Nadal.

 

 

Cultura